miércoles, 28 de octubre de 2015

MITOSE

                                                                     MITOSE




 O vídeo anterior móstranos o proceso que orixinará a división celular; a mitosie. Este consiste no reparto equitativo do material xenético(distribución dos cromosomas) e na división do núcleo celular. A mitose divídese nas seguintes etapas: profase, metafase, anafase e telofase.
  1.  INTERFASE esta etapa realízase antes da    mitose; na que os cromosomas xa se duplicaron pero aínda están en forma de cromatina. Os dous pares de centríolos son  visibles no citoplasma. A membrana nuclear está intacta.
  2. PROFASE: a cromatina condénsase e os cromosomas comezan a facerse visibles. Os centríolos sepáranse e a partir deles comezan a medrar os microtúbulos do fuso mitótico.
  3.  PROFASE TARDÍA: vai desaparecendo a membrana nuclear. Os centríolos diríxense cara os polos opostos e o fuso está case formado.
  4. METAFASE: desapareceu a membraba nuclear. Os cromosomas colócanse no centro da célula.
  5. ANAFASE: as cromátidas de cada cromosoma sepáranse, os microtúbulos do fuso contráense , acúrtanse e arrastran ás cromátidas cara aos polos da célula, onde se formarán as dúas células fillas.
  6. TELOFASE: os cromosomas alcanzaron os dous polos da célula e comezan a descondensarse para formar novamente cromatina. Aparece a membrana nuclear e desaparece o fuso mitótico. Iníciase a citosinese.

miércoles, 21 de octubre de 2015

ACTIVIDADES páx.25

6.  O ciclo celular é o período comprendido entre a formación da célula ata que ela tamén se divide en dúas células fillas. Divídese en dúas fases durante a interfase:  G1, fase S, G2.

7.  A importancia da interfase no ciclo celular é a sintatización das proteínas, a duplicación do ADN e prodúcese novos orgánulos e as células prepáranse para a división.

8. A duplicación do ADN  ocorre durante a interfase porque se necesita o dobre de material xenético para a división.

9. A citosinese é a división do citoplasma entre as dúas células fillas. Na división celular na fase M.


10.Dende o punto de vista estrutural, a cromatina é o material polo que están formados os cromosomas.
  


jueves, 15 de octubre de 2015

Actividades páx.23

1. Proteína complexa que se atopa no núcleo das células que contén a información xenética para    fabricar as proteínas das células.

2. A cromatina é a asociación de ADN e proteínas.  Os cromosomas están formados por cromatina.

3. Un xene é uun segmento de ADN coa información necesaria para producir unha determinada proteína. Atópanse nos cromosomas.

4. Hai 7  parellas de cromosomas.

5. Cromátida: cada uunha das unidades polas que están formados os cromosomas.ç
    Centrómero: unidade que une as cromátidas.
    Cariotipo: conxunto dos cromosomas dunha célula.
    Autosoma: calquera cromosoma que non sexa sexual.
   Cromosoma homólogo:  cromosoma sexual que ao formar un par realizan un entrecruzamento            cromosómico entre sí durante a meiose.
   Xenoma: conxunto de xenes contidos nos cromosomas.

Presentación

Este vai ser o meu novo blog.