miércoles, 9 de marzo de 2016

AUTORREGULACIÓN DO ECOSISTEMA(II)

     CRECEMENTO DUNHA POBOACIÓN

Unha poboación é o conxunto de seres dunha mesma especie que viven nun ecosistema.  Estas tenden a aumentar de tamaño ata chegar a un número que se mantén máis ou menos constante.
 *capacidade de carga: maior número de individuos que alcanza unha poboación e que o medio ppode soportar.
- Na natureza existen factores que limitan o crecemento:
      Entre os factores ambientais destacan os seguintes:
  • Factores DEPENDENTES DA DENSIDADE DE POBOACIÓN.   
       Ex. enfermidades ( se propagan máis facilmente se existe un alto número de individuos na poboación),                   a competencia polos recursos limitados, a emigración e a acumulación de residuos tóxicos.
Resultado de imagen de factores que limitan el crecimiento de una población
  • Factores INDEPENDENTES DA DENSIDADE DE POBOACIÓN.
          Ex. factores ambientais como a temperatura, a luz, a cantidade de osíxeno, as secas, as xeadas e  as   inundacións.
   

AS RELACIÓNS ENTRE ORGANISMOS

    Resultado de imagen de factores que limitan el crecimiento de una población
  • DEPREDACIÓN. eliminan os individuos vellos ou enfermos.
  • COMPETENCIA. cando a poboación é pequena, os recursos son abundantes, pero cando esta aumenta, os recursos escasean.
  • ESTRÉS. cando aumenta moito a densidade de poboación, os individuos poden padecer estrés.   
             SÍNTOMAS:  agresión, diminución dos coidados maternais, descenso da fertilidade e maior posibilidade de padecer enfermidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario