miércoles, 13 de enero de 2016

Duplicación do ADN



                                          DUPLICACIÓN ADN

Resultado de imagen de duplicacion del adnA duplicación ou replicación do ADN é o proceso que se realiza antes da división celular, no que a célula fai unha copia exacta do seu ADN; para repartir idéntica información xenética entre as súas dúas células fillas. Este ten lugar no núcleo da célula durante a interfase mediante os seguintes pasos:
  •   A dobre hélice de ADN ábrese e as dúas cadeas sepáranse.
  • Os nucleótidos dos que dispón a célula no núcleo poden unirse aos nucleótidos do ADN, a través das súas bases complementarias. A un nucleótido A só se unirá un T e a un nucleótido C só se lle poderá unir un nucleótido G, e viceversa.
  • Os novos nucleótidos incorporados únense de seu e dan lugar ás novas cadeas de ADN.
Como resultado do proceso anterior: formación de dúas moléculas fillas de ADN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario