Unha poboación é o conxunto de seres dunha mesma especie que viven nun ecosistema. Estas tenden a aumentar de tamaño ata chegar a un número que se mantén máis ou menos constante.
*capacidade de carga: maior número de individuos que alcanza unha poboación e que o medio ppode soportar.
- Na natureza existen factores que limitan o crecemento:
Entre os factores ambientais destacan os seguintes:
Factores DEPENDENTES DA DENSIDADE DE POBOACIÓN.
Ex. enfermidades ( se propagan máis facilmente se existe un alto número de individuos na poboación), a competencia polos recursos limitados, a emigración e a acumulación de residuos tóxicos.
FactoresINDEPENDENTES DA DENSIDADE DE POBOACIÓN.
Ex. factores ambientais como a temperatura, a luz, a cantidade de osíxeno, as secas, as xeadas e as inundacións.
AS RELACIÓNS ENTRE ORGANISMOS
DEPREDACIÓN. eliminan os individuos vellos ou enfermos.
COMPETENCIA. cando a poboación é pequena, os recursos son abundantes, pero cando esta aumenta, os recursos escasean.
ESTRÉS. cando aumenta moito a densidade de poboación, os individuos poden padecer estrés.
SÍNTOMAS:agresión, diminución dos coidados maternais, descenso da fertilidade e maior posibilidade de padecer enfermidades.
Resumen de la Teoría de Darwin, el Origen de las Especies
En 1859 se inicia el Evolucionismo
cuando Darwin publica el libro “El Origen de las especies por medio de
la selección natural, o la preservación de las razas preferidas en la
lucha por la vida”.
Este libro es el inicio de la teoría de la evolución por medio de la
selección natural. Lo que significa que el medioambiente donde viven
los seres vivos ofrece recursos limitados. Los organismos compiten por
ellos y los que consigan adaptarse mejor al medio lograrán más
recursos y se reproducirán más y mejor.
Con su publicación, la teoría de la evolución produjo un gran
impacto en la sociedad de su tiempo. La teoría de Darwin generó gran
polémica en diversos ámbitos sociales. Su teoría propone un origen no
sobrenatural de la vida y las especies, y considera que la especie
humana está sometida a las mismas leyes que el resto de los animales ,
incluyendo la selección natural.
DARWINISMO
Las concepciones evolucionistas de Darwin constituyen un complejo
sistema teórico, un conjunto de teorías relacionadas, más que una teoría
singular. El núcleo de esas concepciones sigue conservando toda su
validez, a pesar de su natural insuficiencia y de algún error
significativo, sobre todo en su explicación de la herencia a través de
pangénesis. En el darwinismo hay tres ejes teóricos que explican
distintos aspectos de la realidad biológica.
Gradualismo
El gradualismo o transformismo gradual,
es la noción de que las especies van cambiando sus características a lo
largo del tiempo de una manera fundamentalmente gradual. Los cambios no
pueden ocurrir súbitamente o a través de "saltos".
Críticas
Stephen Jay Gould y Niles Eldredge propusieron en los años 70 la teoría del equilibrio puntuado para poder explicar los datos que nos ofrecía la paleontología.
En ella defendían los "cambios espasmódicos y episódicos". El registro
fósil no revela ese gradualismo, sino largos períodos durante los cuales
las especies se mantienen sin cambios significativos, seguidos de
eventos de extinción en masa y el surgimiento brusco de nuevas especies.
El gradualismo quedaba seriamente cuestionado por la paleontología y por el estudio del evo-devo
que va encontrando cada vez más adeptos. Parece claro, por los datos
que ofrecen los nuevos desarrollos científicos, que la visión
gradualista de la teoría estándar queda seriamente entredicha.
Azar
El azar implica la ausencia de un principio causante de los cambios
en los organismos. Todo ocurre, según el darwinismo, a partir de cambios
aleatorios y no hay ningún principio que cause estas mutaciones que
pueda ser clasificado y convertirse en un concepto dentro de la teoría.
Aunque las mutaciones son azarosas, su selección natural sí está
determinada por el ambiente.
Selección natural
La adaptación al ambiente que motiva el cambio evolutivo, según había
sido ya propuesto con anterioridad por otros autores, como Lamarck,
debía tener su mecanismo en la selección natural,
concebida como resultado de dos factores. Éstos son, por un lado, la
variabilidad natural hereditaria de los individuos de una especie y, por
otro, la tasa diferencial de éxito reproductivo, dependiente también de
la tasa de supervivencia, entre las distintas variantes genéticas
presentes en la población.
Jean-Baptiste Pierre Antoine de Monet Chevalier de Lamarck(1744-1829) foi un naturalista francés que formulou unha teoría para a explicación da evolución dos seres vivos. Esta coñécese como Lamarckismo. Propoñía que as especies actuales son o resultado dun longo
proceso de cambio que experimentaron todos os seres vivos.
TEORÍA DE LAMARCK :
Herdanza dos carácteres adquiridos. Para que os novos carácteres se perpetúen e acrecenten nas posteriores xeracións, teñen que ser hereditarios.
Os seres vivos teñen unha tendencia innata ao seu perfeccionamento, que lles permite adaptarse aos ambientes máis diversos.
Lei do uso e desuso dos órganos. Os cambios do ambiente crean necesidades nos organismos, para adaptarse ás novas condicións de vida. Isto orixina, un aumento ou diminución no uso dalgúns órganos, o que implica o seu maior ou menor desenvolvemento e a conseguinte modificación do organismo.
A función crea o órgano. Cando os cambios ambientais orixinen necesidades completamente novas, poden xurdir, como resposta, órganos totalmente novos.
‘Lamarckismo’
Fuente original: Escuelapedia.com
Jean-Baptiste-Pierre-Antoine de Monet de Lamarck (1744-1829).
Fuente original: Escuelapedia.com
Jean-Baptiste-Pierre-Antoine de Monet de Lamarck (1744-1829)
Fuente original: Escuelapedia.com
Jean-Baptiste-Pierre-Antoine de Monet de Lamarck (1744-1829)
As mutacións son cambios ou alteracións no material xenético (normalmente ADN ou ARN). Estas son o resultado de erros na replicación de material xenético durante a división celular por exposición a radiacións, mutáxenos químicos ou virus. Tamén poden darse deliberadamente baixo control celular durante procesos tales coma a meiose.
Tipos de mutacións
Molecular (xénicas ou puntuales): Son mutacións a
nivel molecular e afectan a constitución química dos xenes, é dicir ás bases ou “letras” do ADN.
Cromosómico: O cambio afecta a un segmento de
cromosoma (de maior tamaño que un xene), por tanto a súa estructura. Estas
mutacións poden ocurrir porque grandes fragmentos se perden
(deleción), se duplican, cambian de lugar dentro do cromosoma.
Xenómico: Afecta ao conxunto do xenoma,
aumentando o número de xogos cromosómicos (poliploidía) ou reducíndoo
a unha soa serie (haploidía ou monoploidía) ou ben afecta ao número de
cromosomas individualmente (por defecto ou por exceso), como a trisomía
21 ou Síndrome de Down
A tradución é a síntese de proteínas nos ribosomas a partir da información contida nun ARN, o cal é unha copia realizada por transcrición dun xene do ADN. Por tanto, a tradución é o segundo proceso da expresión xenética despois da transcrición. A tradución só se pode producir nos ribosomas do citoplasma da célula, que están formados por dúas subunidades, que rodean o ARNm que se vai traducir. Na tradución, o ARN mensaxeiro descodifícase para producir un polipétido específico de acordo coas correspondencias do código xenético, que asocian cada codón (triplete de nucleótidos) do ARNm cun determinado aminoácido. Deste modo tradúcese a "linguaxe" de nucleótidos do ARN á "linguaxe" de aminoácidos das proteínas. A tradución comeza no codón de inicio AUG e acaba nun codón de parada (UGA, UAA, UAG). No proceso da tradución distinguimos catro fases: activación, iniciación, elongación e terminación. Mecanismos básicos: Activación: O lugar da síntese proteica é o ribosoma. A el deben chegar os
aminoácidos necesarios para a formación da proteína. Os aminoácidos son
traídos ao ribosoma por ARNt específicos. Os ARNt e os aminoácidos están
no citoplasma libres, pero unhas proteínas chamadas aminoacil ARNt sintetases
recoñecen determinados aminoácidos e determinados ARNt e catalizan o
enlace entre ambos, orixinando un aminoacil-ARNt. Esta formación dos
aminoacil-ARNt non pertence tecnicamente á tradución, pero é un paso
previo imprescindible chamado activación.
Os ARNt levan nun dos seus brazos unha secuencia de tres nucleótidos chamada anticodón, que é complementaria en bases con algún codón do código xenético. O anticodón do ARNt establece pontes de hidróxeno
co codón do ARNm exposto no ribosoma nese momento. Hai moitos ARNt con
anticodóns específicos e o recoñecemento codón-anticodón é fundamental
na síntese de proteínas, xa que é o que asegura que se introduza na
secuencia polipeptídica en crecemento o aminoácido axeitado, indicado
polos codóns do ARNm.
Tradución en eucariotas
É moi similar á procariótica. As principais diferenzas están na
iniciación. Ademais, a velocidade da tradución é significativamente
maior en procariotas (ata 17-21 residuos de aminoácidos por segundo) que
en células eucariotas (ata 6-9 residuos de aminoácidos por segundo)
Iniciación dependente da carapucha 5'
A iniciación da tradución supón a interacción de varias proteínas cunha marca especial situada no extremo 5'
das moléculas de ARNm. Os factores proteínicos asócianse á subunidade
ribosómica menor. A subunidade, xunto con algúns deses factores
proteínicos, móvese ao longo da cadea de ARNm cara ao seu extremo 3'
buscando o codón de inicio (normalmente o AUG), que indica en que punto se empeza a codificar a proteína (comezo do marco aberto de lectura).
Logo o ribosoma traduce a secuencia que hai entre os codóns de comezo e
parada nunha secuencia de aminoácidos, sintetizándose unha proteína.
Nos eucariotas e nas archaea, o aminoácido codificado polo codón de inicio é a metionina (nas bacterias era a N-formilmetionina). Todas as proteínas comezan, pois, por metionina, pero unha protease pode eliminar esa proteína despois de rematada a síntese proteica.
Iniciación independente da carapucha 5'
O exemplo mellor estudado de tradución independente da carapucha 5' en eucariotas é o IRES
(Sitio de Entrada ao Ribosoma Interno). O que a distingue da tradución
dependente da carapucha é que a independente non precisa que o ribosoma
empece a percorrer o ARNm desde o extremo 5' ata o codón de inicio. Os
ITAF (IRES trans-acting factors) poden colocar ao ribosoma no sitio de inicio, evitando a necesidade de percorrer o ARNm desde o extremo 5' da rexión 5' UTR
do ARNm. Este método de tradución foi descuberto recentemente, e ten
grande importancia en condicións que requiren a tradución de ARNm
específicos a pesar do estrés celular ou a incapacidade de traducir a
maioría dos ARNm. Exemplos son os factores que responden á apoptose.
A transcrición é o proceso celular por medio do cal a partir dunha secuencia molde de ADN se realiza unha copia en ARN complementaria en bases a dito ADN. A transcrición é o primeiro paso da expresión xenética, xa que despois o ARN formado será traducido
a proteínas, aínda que non todos os transcritos de ARN son traducidos.
Non se transcribe o ADN enteiro, senón só xenes concretos en cada
momento.
ARN e ADN son ácidos nucleicos formados por nucleótidos. As bases nitroxenadas dos seus nucleótidos poden establecer pontes de hidróxeno coas que están en fronte, pero só son posibles determinadas
combinacións: G con C, T do ADN con A do ARN, e A do ADN con U do ARN.
Estas combinacións constitúen a complementariedade de bases
Durante a transcrición un encima ARN polimerase le a secuencia dun tramo (xene) dunha das fibras do ADN e crea unha copia complementaria e antiparalela
en ARN. As bacterias só teñen unha ARN polimerase, que transcribe todos
os tipos de ARN; os eucariotas teñen tres: ARN polimerase I (sintetiza
ARNr menos o de 5S), ARN polimerase II (sintetiza ARNm) e ARN polimerase
III (sintetiza ARNt e o ARNr de 5S).
A transcrición comprende 4 ou 5 procesos, durante os cales os encimas e factores
proteicos se van movendo sobre o ADN como unha onda. Estes procesos son:
Os encimas helicases desenrolan a dobre hélice do ADN rompendo as pontes de hidróxeno entre as bases dos seus nucleótidos.
Os ribonucleótidos do ARN disoltos na célula emparéllanse coas bases
complementarias do ADN, ao cal está unido o encima ARN polimerase.
Fórmase o esqueleto azucre-fosfato do ARN pola acción do encima ARN
polimerase, que une ditos nucleótidos entre si. Os nucleótidos chegan á
zona en que está tendo lugar a transcrición como nucleótidos trifosfato,
pero perden dous fosfatos en forma de pirofosfato e únense ao ARN en formación como nucleótidos monofosfato.
Rompen as pontes de hidróxeno ARN-ADN liberando a fibra de ARN sintetizada.
Nas células con núcleo (eucariotas) o ARN é procesado (modificación dos seus extremos, e despois eliminación de(intróns) e sae ao citoplasma por un poro nuclear.
A duplicación ou replicación do ADN é o proceso que se realiza antes da división celular, no que a célula fai unha copia exacta do seu ADN; para repartir idéntica información xenética entre as súas dúas células fillas. Este ten lugar no núcleo da célula durante a interfase mediante os seguintes pasos:
A dobre hélice de ADN ábrese e as dúas cadeas sepáranse.
Os nucleótidos dos que dispón a célula no núcleo poden unirse aos nucleótidos do ADN, a través das súas bases complementarias. A un nucleótido A só se unirá un T e a un nucleótido C só se lle poderá unir un nucleótido G, e viceversa.
Os novos nucleótidos incorporados únense de seu e dan lugar ás novas cadeas de ADN.
Como resultado do proceso anterior: formación de dúas moléculas fillas de ADN.